Entorno

No último tramo do camiño de Santiago (De Pedrafita a Compostela), as forzas da natureza sometían o peregrino ás máis difíciles probas de resistencia. Especialmente durante o inverno, a alta montaña lucense representaba o último grande obstáculo antes de chegar á cidade do Apóstolo.

O Porto de "O Poio", con 1.335 metros de altitude, era e é o punto dominante do Camiño en Galicia... Aínda na década dos sesenta, as grandes nevadas invernais facían que este Porto estivese pechado ou con cadeas durante boa parte do inverno, forzando os habitantes desta dura terra a unha inmobilidade de semanas ou meses.

A mellora das vías de comunicación e o seu mantemento permanente permiten na actualidade que estes Portos estean sempre abertos, e que os viandantes - Peregrinos a Compostela ou viaxeiros - poidan percorrer sen dificultade a máis alta das vías de comunicación que conducen á Cidade do Apóstolo.

No mesmo Porto de "O Poio", hoxe como onte, un acreditado establecemento abre as súas portas para atención ao viaxeiro: PENSIÓN-RESTAURANTE SANTA MARIA, para facer un alto no maior dos camiños da Cristiandade.